Servizos
Reprodución
Patricia, unha das nosas veterinarias, visita periódicamente as granxas e fai o control reprodutivo das vacas.
Nutrición
A alimentación é clave: vai moi vencellada á calidade do leite e tamén á fertilidade das reses. Patricia dispón dun programa automatizado para calcular e rexistrar a ración de cada lote de vacas optimizando as necesidades nutricionais.
Calidade do leite
Marcos é o veterinario a cargo do control e a prevención de da mamite. O seu traballo inclúe a análise dos datos de calidade do leite das explotacións e o seguemento in situ do manexo para mellores rendementos e resultados.
Seguros
Formamos parte de UCOGA, unha das corredurías de seguros máis importantes de Galicia e especializada no mundo do agro. Olga, a comercial, asesora e atende as necesidades das explotacións cunha completa oferta de pólizas. Cada gandería é un mundo.
Asesoramento agrícola
Orientamos no uso de fertilizantes, fitosanitarios, sementes… e elaboramos un plan á medida de cada granxa co obxectivo de optimizar a produción. Nieves, enxeñeira técnica agrónoma, é a responsable do servizo.
Carro mesturador
Cada mañá acudimos ás explotacións para elaborar e distribuír a ración dos animais, mesturando as forraxes da propia granxa cos concentrados procedentes da coperativa. A alimentación do gando segue as indicacións do programa específico de nutrición.
Certificación de explotacións
Os nosos técnicos poñen en marcha e fan seguemento en cada granxa dun programa de boas prácticas, baseado na guía do InLAC.
Accesorios
Temos unha tenda con artigos e subministros agrícolas.
Zoosanitarios
A nosa comercial veterinaria dispón dos medicamentos necesarios para o tratamento e prevención das enfermedades dos animais. Para iso contamos cun sistema de receita electrónica.
GMP GALIS-AGAFAC
Empregamos este servizo a través do cal temos ao noso alcance todos os datos necesarios para comprobar a calidade das materias primas coas que fabricamos os nosos pensos baixo a marca Central de Frades.
Reprodución
É un programa adaptado ás necesidades de cada explotación gandeira. A través das nosas visitas periódicas, facemos diagnóstico de xestación temperá, exploracións posparto, consulta de animais que non presentan actividade cíclica e elaboramos plans de fertilidade e inseminación. Os nosos veterinarios tamén realizan exploracións rutinarias ás vacas antes do secado e aconsellan sobre o seu estado antes do parto.
Nutrición
As vacas tamén necesitan nutricionistas. Para dar mellor leite e aumentar a súa capacidade reproductiva. A nosa veterinaria elabora as racións de xeito personalizado, en función das forraxes producidas nas ganderías (millo e silo de pradeira) e en base ás necesidades de cada unha delas, dos propios animais e da súa idade. Para iso facemos unha análise previa da calidade das forraxes e calculamos o seu valor nutricional.
Calidade do leite
No servizo de control e prevención da mamite o veterinario fai visitas de vixilancia e diagnose durante o muxido e toma mostras de leite que se analizan para o seu seguemento epidemiolóxico. Sempre é mellor previr que curar e ter que usar mediciñas, polo que revisamos todos os factores que predispoñen a esta infección, incluida a testaxe dinámica dos equipos, e damos recomendacións sobre hixiene e muxido. Para casos de maior gravedade que requiran actuación inmediata dispoñemos de un servizo de cultivo rápido para identificación de xermes. Tamén poñemos en marcha programas de secado selectivo.
Seguros
Central de Frades forma parte de UCOGA, correduría creada polas cooperativas para dar resposta á demanda do sector agroalimentario e gandeiro en materia de seguros.
Somos especialistas en Agroseguro e en negociación de todo tipo de pólizas coas mellores compañías do mercado, acadando acordos exclusivos e productos propios para o sector.
Asesoramento agrícola
Con este servizo técnico aconsellamos aos nosos socios e socias como mellorar o rendemento e a calidade da produción forraxeira da súa gandería. A nosa enxeñeira agrícola visita as granxas e asesora sobre que produtos fitosanitarios mercar para eliminar malas herbas, que sementes de millo e pradeira empregar ou cal é o mellor plan de fertilizante, para o cal recolle unha mostra de terra e analiza os seus nutrientes. O obxectivo: xestionar ben a superficie a cultivar, planificar correctamente os cultivos e optimizar os resultados para que a granxa sexa aínda máis rendible.
Certificación de explotacións
Os nosos veterinarios levan a cabo nas granxas un programa de certificación de explotacións baseado na guía de boas prácticas do InLAC (Organización Interprofesional Láctea) a través dun servizo personalizado de asesoramento e seguemento. Un auditor externo e outro interno certifican que a gandería segue ese manual e tamén que se garante o benestar dos animais.
GMP GALIS-AGAFAC
En Central de Frades dispoñemos do servizo GMP.Galis (Galicia Alimentos Seguros), un programa imprescindible para garantir a seguridade das materias primas destinadas á alimentación animal na nosa comunidade autónoma. Mediante este sistema e outros programas de seguridade alimentaria implantados na Cooperativa garantizamos a máxima calidade hixiénico sanitaria dos pensos que fabricamos e comercializamos.
Falamos?
Contacta con nós se queres formar parte da cooperativa ou se precisas máis información.