FEDER

Gandeiros de Galicia, o país do millón de vacas

A nosa historia

Central de Frades nace como cooperativa no ano 1963, cando un grupo de gandeiros da zona se unen co obxectivo de dar resposta aos intereses que tiñan en común. Deciden tomar as rendas do seu destino, darlle un novo rumbo. Para iso aportan capital e inician a súa actividade xuntos: todos tiñan así á súa disposición produtos e servizos de proximidade xestionados en conxunto.

Central de Frades - Cooperativa Galega

A primeira fábrica de pensos —data da década dos setenta e foi das primeiras de Galicia— sitúase na parroquia de Ledoira. Logo dun tempo nos fusionamos coa antiga cooperativa de Olas, na veciña Mesía, e alí mantemos hoxe un punto de venda e servizo.

Pero a demanda do noso penso vai a máis e necesitamos máis espazo para medrar: a fins dos anos noventa nos trasladamos á nosa ubicación actual, xunto a N-634, e no 2000 rematamos a construción dunha nova fábrica ao seu paso por Ledoira. Alí continuamos atendendo aos gandeiros e gandeiras da comarca co obxectivo de dar viabilidade e cohesión ao noso sector

Misión

Misión

Queremos ser unha cooperativa de referencia e dar un servizo integral de calidade co obxectivo de mellorar as explotacións gandeiras dos socios e socias, e dar viablidade ao medio rural. Traballamos orientados á sostenibilidade económica, social e medioambiental do noso sector e entorno.

Visión

Visión

Apostamos pola innovación, a calidade dos nosos servizos e produtos, a excelencia e a rendibilidade das nosas granxas, minimizar a pegada medioambiental, xerar valor, fomentar a nosa cultura, apoiar aos nosos socios/as e traballadores/as e fornecer as relacións con todos eles.

Valores

Valores

Baseamos o noso modo de actuar en principios como a profesionalidade, a transparencia, a calidade, a innovación, a responsabilidade, a experiencia, a forza da unión e a ética.

Vivimos nun deses concellos galegos con máis vacas que persoas. Iso o resume todo e, sen dúbida, marca a razón de ser de Central de Frades.

Central de Frades - Cooperativa Galega

Central de Frades é a cooperativa da xente común. Somos 800 socios cunha mesma meta: traballar arreo para facer prósperas as nosas granxas. Pero temos un segredo que fai que a xente común consiga resultados pouco comúns: o traballo en equipo.

Central de Frades - Cooperativa Galega

As persoas que traballamos en Central de Frades formamos un equipo profesional e con moita experiencia. Os nosos técnicos —veterinarios, enxeñeiros, comerciais— comprometen o seu labor diario cos intereses de cada socio/a para procurar o benestar dos teus animais e sacar o máximo rendemento á túa explotación.

Falamos?

Contacta con nós se queres formar parte da cooperativa ou se precisas máis información.