Central de Frades
Gandeiros e gandeiras que producimos leite de primeira grazas ás nosas vacas. Iso é, en esencia, o que somos. En Central de Frades levamos case sesenta anos traballando como cooperativa para apoiar, asesorar e dar un servizo profesional, de confianza, próximo e de calidade aos nosos socios e socias.
Axudamos a facer as granxas máis eficientes, competitivas e sostibles. Construímos día a día o futuro do agro, o futuro de todos nós. Porque sabemos que onde hai vacas hai esperanza e unha oportunidade.
A túa cooperativa profesional e de confianza
Contamos con preto de 800 socios aos que subministramos un servizo integral para mellorar a vida das súas explotacións gandeiras.
Facilitamos a alimentación das nosas vacas para conseguir productos saudables e naturais.
A fabricación de pensos é a nosa actividade principal. Son personalizados. Cada granxa ten a súa propia etiqueta. Só usamos cereais de orixe coñecida.
Coidamos deste país do millón de vacas. É o animal totémico de Galicia e dos galegos, parte esencial da nosa economía e da nosa cultura. O modelo de xestión de Central de Frades permite controlar de principio a fin o proceso produtivo das granxas e facelo así máis eficaz e rendible a través dos nosos servizos veterinarios (calidade do leite, nutrición e reprodución), de certificación de explotacións, carros mesturadores, asesoramento técnico agronómico ou de correduría de seguros. En Central de Frades somos moito máis que a suma das partes.
FAQ’s
Aínda tes preguntas sobre o que facemos na coperativa ou como o facemos?
Dámosche as respostas.
Como podo ser socio/a?
Contacta con nós e facilitarémosche o formulario da solicitude de alta. Só tes que cubrila e, no caso de que sexas un cliente novo, dar os teus datos. Despois deberás abonar a cota correspondente á aportación de capital social. Non hai máis requisitos. É así de sinxelo. Por certo, pode facerse socio/a da cooperativa tanto unha gandería como unha persoa física.
Hai descontos en servizos ou produtos por ser socio/a?
Si, os/as socios/as teñen acceso a descontos e servizos que quen non é socio/a non pode desfrutar. É unha das vantaxes de formar parte de Central de Frades. Se queres máis información, chámanos, mándanos un correo ou vén ata as nosas oficinas.
Comercializades produtos con marca propia?
Si, somos fabricantes e polo tanto producimos e comercializamos os pensos coa marca da cooperativa desde o inicio
Fabricades pensos personalizados?
Así é, fabricamos pensos personalizados a demanda do/a socio/a e en función das necesidades nutricionais da súa cabana gandeira.
Como axudades a mellorar os cultivos dos gandeiros?
Co seguemento e ao sesoramento personalizados levados a cabo por enxeñeiros agrónomos. E tamén recomendamos os produtos que mellor se adapten ás necesidades de cada granxa.